Son persoas (físicas ou xurídicas) que invisten capital e achegan
o seu saber facer e experiencia a empresas con alto potencial de crecemento.
Incrementan a probabilidade de supervivencia das empresas nacentes (start-up)
ao contribuír con financiamento e experiencia directiva.
Tenden a aportar entre 15.000 € e 400.000 € por proxecto pero xeralmente as achegas
son inferiores a 80.000 €.
Son unha ponte para salvar o baleiro investidor existente entre o financiamento
que provén de xente próxima aos emprendedores (eles mesmos,
familiares e amigos), e o procedente das entidades formais de capital risco.