 |
|
 |
| Teño un proxecto necesito
diñeiro |
Tes unha idea empresarial innovadora e cres nela. Talvez xa a plasmaches nun
plan de empresa e consideras que ten viabilidade. Só che falta o diñeiro
necesario para poñer en marcha a túa empresa. Puxeches os teus
aforros, os teus amigos e a familia están dispostos a apoiarte, pero
necesitas máis. Acodes ás entidades financeiras pero pídenche
garantías. As sociedades de capital risco consideran que o teu proxecto é demasiado
arriscado e carecen de dimensión, ou ben consideran que careces da experiencia
empresarial precisa para levalo adiante.
Se
te sentes identificado con esta situación UNIBAN pódeche
axudar.
¿Cómo?
UNIBAN dispón dunha base de datos de Business
Angels algúns
dos cales poden estar interesados en investir no teu proxecto. Os Business Angels
son investidores privados, que buscan proxectos con alta capacidade de crecemento
para investir o seu diñeiro e achegar ademais os seus coñecementos
e experiencia empresarial así como a súa rede de contactos.
¿Que vantaxes che ofrece UNIBAN?
- Eficacia: O teu proxecto só se
dá a coñecer a aqueles
investidores que se adaptan a o perfil investidor que solicitas
- Profesionalidade e confidencialidade:
A metodoloxía de traballo de UNIBAN e o noso código de conducta
garanten o rigor e a privacidade da información manexada.
- Solvencia do inversor: Os requisitos de
admisión de investidores na rede UNIBAN garanten
a solvencia profesional e a procedencia dos seus recursos económicos.
|
|
|
 |