A adhesión do teu proxecto á rede UNIBAN pasa por dúas fases:
Fase I: Resumo Executivo
O obxectivo desta fase é facer unha avaliación previa do proxecto de forma que nun curto espazo de tempo poderás saber si o teu proxecto é susceptible de formar parte de UNIBAN. Para elo debes solicitar o formulario “Resumo Executivo UNIBAN” e envialo por e-mail. Nun prazo máximo de 10 días laborables terás unha resposta.
Fase II: Solicitude de Adhesión
Se tras avaliar o “Resumo executivo” do teu proxecto chégase a conclusión de que pode encaixar dentro do perfil de proxectos de UNIBAN entonces enviaríaseche a documentación precisa para que formalices a solicitude de adhesión do proxecto á rede UNIBAN.
A información será analizada e posteriormente exposta ó ”Comité de Avaliación de Proxectos” de UNIBAN que será o órgano encargado de decidir se o proxecto é aceptado ou rexeitado. Si o proxecto é aceptado incorporarase á base de datos de proxectos de UNIBAN e comezará o proceso de busca de investidor.