 |
|
 |
A fiscalidade da participación do Business Angel nas empresas deriva polo xeral da adquisición de accións ou participacións, da obtención de dividendos e da venta da súa participación no capital social da empresa. Ademais débese ter en conta o tipo de sociedade na que se inviste e o tipo de investidor (persoa física ou xurídica, residente ou non residente en España).
Se o Business Angel é unha persoa física residente en España e a sociedade na que se inviste é unha Sociedade de Responsabilidade Limitada ou unha Sociedade Anónima a tributación é a seguinte:
- Adquisición de accións ou participacións:
- Exenta do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados e do Imposto sobre o Valor Engadido
- Cobro de dividendos:
- Integración do seu importe na base impoñible xeral ó 140%
- Tipo de gravame: Tipo Marxinal
- Dedución na cota do imposto: 40% do importe bruto do dividendo
- Venta de accións ou de participacións na s sociedade:
- Efectos no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas:
| |
Ganancias |
Perdas |
| Xeradas en máis dun ano |
15% |
Compensables con ganancias patrimoniais (hasta 5 anos) |
| Xeradas nun período igual ou inferior a 1 ano |
Tipo Marxinal |
Compensables con ganancias patrimoniais (hasta 5 anos) |
|
|
|
 |