 |
|
 |
O nome de Business Angel xurde preto do ano 1920 cando investidores particulares empezaron a investir o seu propio diñeiro para salvar os espectáculos de Broadway. Na actualidade, referímonos a un Business Angel como unha persoa que inviste parte do seu patrimonio nunha nova empresa e comparte a súa experiencia e as súas habilidades directivas co emprendedor. O investimento ten lugar, con frecuencia, nas fases iniciais da entidade na que inviste (seed e start-up). Os xenuínos business angels son emprendedores experimentados, que arriscan o seu diñeiro a cambio dunha participación no capital da empresa e implícanse persoalmente na xestión para incrementar o seu valor.
Segundo datos da EBAN os Business Angels son na súa maioría homes, raramente mulleres, con éxito como emprendedores ou como directivos de empresas, e con unha idade entre 35 e 65 anos, e que a maior idade máis investimentos realizan e de maior tamaño.
Aínda que os Business Angels teñen como característica común o feito de arriscar diñeiro nunha empresa para posteriormente vende-la súa participación coa esperanza de obter unha ganancia futura, os seus obxectivos, antecedentes persoais, preferencias de investimento, rendibilidade esperada,... varían entre eles. Tendo en conta estes factores téndese a clasificalos nos seguintes tipos:
- Virgin Angel
Persoas con fondos dispoñibles buscando facer o seu primeiro investimento pero que aínda non atoparon unha proposta adecuada. O seu principal obxectivo soe ser obter unha rendibilidade superior á do mercado de valores aínda que, en ocasións, tamén un emprego para eles mesmos e unha fonte de ingresos.
- Latent Angel
Persoas con gran disposición de fondos que xa realizaron investimentos como business angels, aínda que non nos tres últimos anos debido fundamentalmente á falta de propostas axeitadas. Buscan obter unha alta rendibilidade para o seu investimento e en ocasións un emprego.
- Wealth Maximising Angel
Persoas con grandes recursos e experiencia en negocios que na actualidade ten varios investimentos en start-ups e os seus obxectivos céntranse na obtención de ganancias e traballo.
- Entrepreneur Angel
Persoa con grandes recursos, activo e experimentado como empresario e como business angel que busca obter ganancias financeiras co seu investimento pero tamén satisfacción persoal e algo de divertimento.
- Income Seeking Angel
Investidor activo pero que soe investir cantidades menores que os outros tipos de angels, sendo o seu obxectivo de investimento, con frecuencia, a busca de ingresos e un emprego para el.
- Corporate Angel
Compañías ou directores de empresas que realizan investimentos tipo angel e que xeralmente confórmanse con ganancias inferiores ás buscadas polos business angels individuais.
Investimento medio inicial segundo distintos tipos de angels. Datos en Euros.
Fonte: Conveney, P. and Moore, K . Business Angels:securing start-up finance. John Wiley, New York 1988.
|
Se te sentes identificado con algún destes grupos e queres comezar a ser un Business Angel da rede UNIBAN ou desexas obter máis información ponte en
con nós. A túa petición será atendida con total confidencialidade.
|
|
|
 |